Publicador de contidos
Publicador de contidos

A veciñanza reclama a reparación da N-540 ao seu paso por Guntín

A veciñanza reclama a reparación da N-540 ao seu paso por Guntín

O Ministerio de Transportes adxudicou por 11 millóns de euros a reparación de 69 quilómetros desta estrada

Aseguran que na vía, chea de fochancas, hai accidentes case a diario

G24.gal 14/04/2024 20:55 Última actualización 14/04/2024 21:06

Á presión veciñal para que se amañe o piso da nacional 540 ao seu paso por Guntín, engádenselle os accidentes. Son practicamente diarios nunha vía que é estrutural e que comunica Lugo con Ourense, con Pontevedra e con Santiago.

Os 18 meses que teoricamente hai previstos para que estea reparado o piso da nacional que dá acceso ao concello de Guntín fánselles eternos aos veciños. Levan case un ano coa N-540 deteriorada.

A velocidade a que pasan os vehículos é bastante inferior ao límite; con todo, os accidentes sucédense a diario.

É unha vía con moito tráfico, tanto de paso coma dos propios veciños de Guntín, moitos dos cales atravesan estas fochancas varias veces no día por motivos laborais ou escolares, xa que esta localidade non está nin a vinte quilómetros de Lugo capital.

O Ministerio de Transportes adxudicou por 11 millóns de euros a reparación de 69 quilómetros da nacional. Nas zonas máis deterioradas está prevista a demolición completa do firme actual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade