Publicador de contidos
Publicador de contidos

As fortes treboadas e o tempo inestable marcarán esta fin de semana

As fortes treboadas e o tempo inestable marcarán esta fin de semana

As temperaturas comezarán a descender lixeiramente o sábado co que a sensación de calor pegañenta irá a menos

G24.gal 08/09/2023 20:59

A semana remata con tempo tormentoso en Galicia con aviso amarelo en case toda Galicia, un tempo que vai continuar durante a fin de semana. Toda Galicia estivo na tarde do venres con aviso amarelo por treboadas agás o oeste da Coruña e de Pontevedra, que poden traer tamén raios, pedrazo e vento.

Unha vez avanzada a madrugada, a protagonista será a auga porque a previsión apunta a que será cando chova máis intensamente. E a cousa non mellora para o sábado cando permanecerá activo outro aviso por trebóns fortes que se estende xa a toda Galicia.

A tarde do venres comezou con fortes treboadas na provincia de Lugo onde a xente que paseaba pola praias de Barreiros tivo que saír por patas, literalmente, e mesmo ás carreiras. A sensación de calmuzo segue facéndose pesada, tanto de día como de noite rozando os 30 graos e cunhas noites máis cálidas do habitual.

Agárdase unha noite de moita auga no oeste de Coruña e Pontevedra, con outro aviso amarelo por acumulación de chuvias e cos raios como outros dos protagonistas. Na tarde do venres caeron máis de 1400 e a previsión apunta a que será a tónica dunha fin de semana moi inestable.

A fin de semana continuará con trebóns aínda que as temperaturas comezarán a descender lixeiramente co que a sensación de calor pegañenta irá a menos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar