As galiñas campeiras e os paneis solares poderán compartir o mesmo espazo
As galiñas campeiras e os paneis solares poderán compartir o mesmo espazo
As autonomías poderán autorizar o uso para outros fins dos terreos ao aire libre das pitas
Os terreos onde se crían as galiñas campeiras poderán albergar paneis solares. Así o recolle a nova norma do Ministerio de Agricultura, que permitirá aplicar no ámbito estatal os cambios na lexislación comunitaria.
A partir de agora, as comunidades autónomas poderán autorizar o uso para outros fins dos espazos ao aire libre das pitas dedicadas á produción de ovos campeiros.
En particular, para a instalación de paneis solares, sempre que non entren en conflito coas normas de benestar animal nin limiten a mobilidade das galiñas.
Alberto Hermida, copropietario dunha granxa de galiñas campeiras en Rodeiro: "Se nos permiten poñer placas no resto dos terreos, seríanos interesante para producir enerxía e para facer un aproveitamento como refuxio para as galiñas en caso de ataque das aves de rapina".
A nova normativa inclúe outras novidades en relación con este produto. A máis curiosa é a comercialización dos ovos aromatizados con recendos a diferentes alimentos.