As grandes eléctricas recorren o imposto ás enerxéticas ante a Audiencia Nacional
As grandes eléctricas recorren o imposto ás enerxéticas ante a Audiencia Nacional
Pensan que este tributo "penaliza un sector clave para impulsar o necesario cambio do modelo enerxético"
Din que é incoherente desde o punto de vista fiscal porque "grava ingresos que xa estaban regulados pola Administración pública"
A Asociación de Empresas de Enerxía Eléctrica anunciou este xoves a súa decisión de interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante a Audiencia Nacional contra o imposto extraordinario e temporal ás grandes enerxéticas impulsado polo Goberno.
Esta asociación reúne ás principais eléctricas de España como Iberdrola, Endesa e EDP, e cualifica de "discriminatorio e inxustificada" esta prestación que grava os ingresos nno regulados en territorio nacional cun tipo do 1,2 %.
Para Aelec, este tributo "penaliza un sector clave para impulsar o necesario cambio do modelo enerxético", ademais de consideralo incoherente desde o punto de vista fiscal porque "grava ingresos que xa estaban regulados pola Administración pública".