Publicador de contidos
Publicador de contidos

As eléctricas alertan de que a luz a coste cero desincentiva investimentos en renovables

As eléctricas alertan de que a luz a coste cero desincentiva investimentos en renovables

Pídenlle ao Goberno un marco estable que lles permita planificar os proxectos de futuro

G24.gal 08/09/2023 14:17

"O prezo da luz derrubouse este sábado ata o punto de que houbo momentos en que saíu de balde". É unha nova que resaltamos nos informativos cada certo tempo coincidindo coa baixada da demanda de electricidade. A luz, de balde. Un respiro ao peto do consumidor.

Esta situación afecta aos clientes da tarifa regulada pero non aos do mercado libre, cun prezo fixo acordado coa comercializadora.

O horario de balde responde a un momento puntual en que as enerxías renovables máis baratas, a eólica ou a fotovoltaica, son capaces de cubrir a demanda da poboación. As principais eléctricas advirten dos riscos desta situación.

"Non creamos que estes prezos baixos van ser o ordinario e que sobre eles se poderán artellar investimentos e exportacións", di Rafael Mateo, de Acciona.

E pídenlle ao Goberno un marco que permita dar estabilidade ao mercado eléctrico. "Estabilidade nas políticas eléctricas, que saibamos cal vai ser o marco de aquí a dez anos. Así saberemos se investimos ou non investimos. Unhas regras de xogo claras", pide Josu Jon Imaz, conselleiro delegado de Repsol.

Os expertos cren que a solución debería estar no almacenamento que permitirá xestionar a enerxía que sobra nun momento dado, para poder dar estabilidade aos prezos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade