As hipotecas só reflicten a metade da suba de tipos, queda pendente a outra metade
As hipotecas só reflicten a metade da suba de tipos, queda pendente a outra metade
O encarecemento afecta os préstamos a tipo variable, que dependen das subidas e baixadas do euríbor
O Banco de España advirte de que o impacto da suba do euríbor se acentuará nos próximos meses
A translación do impacto das subas dos tipos é gradual e continuará ao longo dos próximos meses. Os expertos falan dunha gran revisión hipotecaria que afectará catro millóns de fogares durante este ano.
A escalada dos tipos de xuro comezou en xullo do ano pasado, e desde entón os fogares xa comezaron a notar o impacto nas súas hipotecas.
Ata agora as hipotecas só reflectiron a metade da suba dos tipos, polo que está pendente a outra metade. O Banco de España advirte de que o impacto se acentuará nos próximos meses.
O encarecemento afecta os prestamos a tipo variable, que dependen das subidas e baixadas do euríbor. Nos últimos dous anos a maioría das novas hipotecas, máis da metade, asináronse a tipo fixo.
Os expertos agardan que en poucos meses se relaxe a política monetaria cunha recuperación da estabilidade financeira.