Publicador de contidos
Publicador de contidos

As illas atlánticas, referente no eido do turismo sostible

As illas atlánticas, referente no eido do turismo sostible

As illas Cíes, un dos escenarios para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente

Case 50.000 persoas visitaron ata maio as illas atlánticas

A Xunta investirá máis de 6 millóns de euros no parque nacional

G24.gal 05/06/2022 21:06 Última actualización 05/06/2022 21:17

No día mundial do medio ambiente é obrigado lembrar a importancia de ser activos no coidado da natureza. As illas Cíes foron un dos escenarios para conmemoralo, agora que se van cumprir 20 anos da declaración do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A Xunta subliñou neste día a posición de referencia do parque nacional no eido do turismo sostible.

A piques de cumprírense os 20 anos da declaración das illas atlánticas como parque nacional, a Xunta puxo este domingo en valor a posición de referencia a nivel internacional acadada por este espazo natural no eido do turismo sostible e respectuoso coa natureza.

A conselleira de Medio Ambiente desprazouse ata as Cíes para realizar a ruta peonil do alto do Príncipe, unha das zonas coas vistas máis espectaculares de toda a illa.

O noso patrimonio natural é un dos sinais de identidade de Galicia e un factor clave que atrae un gran número de visitantes á nosa comunidade.

Manter ese contacto respectuoso coa natureza e reconciliarnos con ela facendo, entre outras moitas iniciativas, un turismo sostible é un deber que cumprir durante todo o ano, pero que se fai máis evidente neste Día Mundial do Medio Ambiente.   

Case 50.000 persoas visitaron ata maio o parque nacional. Na experiencia de coidar o espazo natural das illas Cíes tamén están a participar voluntarios.

Co fin de potenciar o papel que teñen as illas atlánticas na protección do patrimonio natural, a Xunta levará a cabo actuacións no parque nacional que suman un investimento de máis de 6 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade