Cargando resultados...
As illas Cíes consolídanse como destino de inverno
As illas Cíes consolídanse como destino de inverno
O pasado ano recibiron 50.000 visitantes en temporada baixa
G24.gal
24/03/2023 20:14
Última actualización 24/03/2023 20:23
Atrás quedaron as visitas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, exclusivamente en verán.
Cada vez son máis os interesados en coñecer este espazo natural protexido fóra da época estival.
O pasado ano as Cíes recibiron 50.000 visitantes en temporada baixa e só neste inverno pasaron polas illas máis de catro mil persoas, para Semana Santa xa hai reservas.
O próximo martes 28, día da Reconquista e festivo local en Vigo, tamén será posible viaxar ás illas Cíes.