Publicador de contidos
Publicador de contidos

As Illas Cíes rexistran o primeiro cheo da temporada 2022

As Illas Cíes rexistran o primeiro cheo da temporada 2022

O cupo de visitantes está completo para hoxe e mañá

G24.gal 15/04/2022 15:05

O Parque Nacional das Illas Atlánticas consolídase como un dos destinos estrela desta Semana Santa, para os que buscan un turismo desmasificado e en contacto coa natureza.

O cupo para as visitas ás Cíes xa está completo ata o domingo.

As Cíes son dos paraísos atlánticos mellor preservados e máis desexados polos que visitan Galicia esta semana Santa. A pasaxe xa está completa para este venres e sábado, desde todos os portos dos que saen barcos ás illas (Vigo, Cangas, Sanxenxo e Portonovo).

Son 1.800 prazas en total que cobren os turistas pero tamén moitos galegos entusiastas.

Ao seren un Parque Nacional, as Illas Atlánticas teñen un cupo de 1800  persoas por día as Cíes e 1.300 ás Ons. Por iso é preciso tramitar á autorización en http://autorización.xunta.gal antes de mercar a entrada.

Para Cíes esta Semana Santa xa só quedan prazas dispoñibñes para o domingo. Pero a Ons aínda é posible viaxar hoxe mesmo e mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade