Publicador de contidos
Publicador de contidos

As imaxes de satélite aumentan a superficie queimada en Galicia a 36.700 hectáreas

As imaxes de satélite aumentan a superficie queimada en Galicia a 36.700 hectáreas

Incrementa en 5.000 hectáreas os cálculos da Xunta

Só continúan activos os incendios do Courel, que se uniron nun só 

G24.gal 26/07/2022 08:22 Última actualización 26/07/2022 11:09

Medio Rural dá por controlados ou estabilizados todos os incendios forestais en Galicia. O programa Copernicus, o sistema europeo de información de incendios, aumenta en 5.000 hectáreas as estimacións da Xunta sobre a superficie queimada nos incendios da semana pasada.

Serían 12.700 hectáreas en Valdeorras e 13.600 no Courel, a única zona con incendios aínda activos. Alí continúan traballando os equipos de extinción, por terra e aire, para evitar que reaviven as lapas. Pero o lume quedou estabilizado. E todos os veciños regresaron ás súas casas.

Dende o xoves pasado non ardeu máis superficie no Courel. Agora toca facer balance e intentar recuperar a normalidade.

Os veciños explican que os soutos axudaron a frear o avance das lapas, que perden forza ao bater cos castiñeiros.

O último parte de Medio Rural tamén confirma que quedou controlado o incendio de Outeiro, en Quiroga.

Segundo este último parte, os incendios forestais que afectan a Galicia son catro, dous estabilizados e dous controlados, con 28.350 hectáreas aínda ardendo. Dous dos incendios son na provincia de Lugo e dous na provincia de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade