As industrias que collen auga do mar, expectantes ante o novo regulamento de Costas
As industrias que collen auga do mar, expectantes ante o novo regulamento de Costas
As empresas galegas agardan a resposta do Ministerio sobre os prazos das concesións
Rematou o prazo para presentar alegacións contra o novo regulamento de Costas.
E o sector mar-industria galego agarda agora con moita inquedanza a resposta do Ministerio de Industria.
Unha das principais preocupacións está na duración das concesións. As empresas piden que se estenda o prazo de 75 anos a todas as industrias que precisan captar auga do mar, como é o caso das depuradoras como conta Juan Carlos Maneiro, secretario xeral de Agade.
"Estamos expectantes para ver se ese prazo máximo de 75 anos se estende a todo este tecido produtivo galego importantísimo de acuicultura, depuración, mesmo conserveiras, que teñen a necesidade de captar auga de mar e non poden facer doutra maneira o seu proceso produtivo"