Publicador de contidos
Publicador de contidos

As luces de Nadal de Vigo non se apagarán finalmente ata o 15 de xaneiro

As luces de Nadal de Vigo non se apagarán finalmente ata o 15 de xaneiro

Un día despois de anunciar que as luces se apagarían o domingo 8 para aforrar enerxía, Abel Caballero prorroga a festa a petición dos hostaleiros

G24.gal 04/01/2023 13:25

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, atrasou unha semana o apagado das luces de Nadal de Vigo ata o domingo 15 de xaneiro, despois de que os hostaleiros da cidade solicitaran ao Concello que pospuxese a fin das festas.  

Un día despois de anunciar que as luces se apagarían o vindeiro domingo 8 de xaneiro, Caballero cambiou de opinión tras recibir a petición de empresarios do sector do comercio e do turismo da urbe olívica, que aseguraron que había centenares de reservas para a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro, xa que en anos anteriores as luces mantivéronse ata esas datas.  

Abel Caballero subliñou que escoitou esta solicitude dos hostaleiros, que representan uns 30.000 traballadores directos na cidade, sendo "moi receptivo" e "moi sensible" co que expuxeron, polo que decidiu atrasar o apagado unha semana máis.  

Caballero reivindicou o "impacto económico indescritible" das luces de Nadal, debido a que permiten a chegada de miles de viaxeiros do resto de Galicia, España e de Portugal. Segundo lle trasladaron os hostaleiros, a ocupación de camas a fin de semana do 15 rozará o 85 %. "Iso significa compras en comercio e economía", engadiu.  

A pesar de que este martes o rexedor sinalou que se apagarían as luces o día 8 para facer un "xesto" de aforro enerxético, agora decide pospor esta medida. Por iso, Caballero subliñou que o Goberno local porá en marcha un crédito extraordinario de 1 millón de euros para renovar 2.000 luces da cidade con lámpadas LED. Estas sumaranse ás 3.000 luces que xa se prevía cambiar para aforrar enerxía.

O alcalde insistiu en que o consumo eléctrico do Nadal de Vigo é "practicamente cero".

Celébrano os hostaleiros, non así os veciños que sofren os atascos e as aglomeracións acotío e que terán que aguantar unha semana máis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar