Mariscadoras de Vilaxoán denuncian que un grupo de furtivos esquilma as praias
Mariscadoras de Vilaxoán denuncian que un grupo de furtivos esquilma as praias
A Agrupación de Mariscadoras acorda reforzar as quendas de vixilancia e pide máis colaboración das autoridades e da cidadanía
A directiva da Agrupación de Mariscadoras de Vilaxoán reuniuse este luns na confraría para organizar a próxima marea. Unha das cuestións que abordaron foi as quendas de reforzo da vixilancia que veñen organizando desde hai un tempo para loitar contra o furtivismo.
Din dos furtivos que son un grupo organizado, que actúa con impunidade, descaro e mesmo as ameazan cando os sorprenden roubando o marisco.
Séntense indefensas e impotentes, e piden que as autoridades se impliquen na loita contra o furtivismo endurecendo as penas para esta actividade ilegal.
Tamén apelan á colaboración e concienciación da cidadanía para acabar co furtivismo por ética e por saúde porque non o marisco procedente do furtivismo non ten garantías sanitarias.
Aseguran que o furtivismo lles xera graves perdas económicas ás 70 familias que viven desta actividade directamente, e indirectamente a máis xente.