Cargando resultados...
As matemáticas, unha materia fundamental na aprendizaxe
As matemáticas, unha materia fundamental na aprendizaxe
Preocupación pola caída do rendemento académico na pandemia
G24.gal
10/02/2024 15:30
Última actualización 09/02/2024 20:58
A caída do rendemento académico durante a pandemia volveu poñer no foco a necesidade de mellorar a aprendizaxe das matemáticas en primaria e secundaria.
É unha materia fundamental no desenvolvemento intelectual das persoas. E neses cursos póñense as bases para axudarnos na vida cotiá e a resolver problemas cada vez máis complexos.
A decana de Matemáticas da USC, Elena Vázquez, achega o seu punto de visto sobre o que sería necesario para mellorar a aprendizaxe da materia e sobre todo para facela atractiva nas idades temperás.