Cargando resultados...
As mellores festas, concertos e actividades para esta fin de semana
As mellores festas, concertos e actividades para esta fin de semana
Unha selección de eventos en que pasar o tempo entre o venres 7 e o domingo 9 de xuño
Imaxe do Son do Camiño, unha das últimas grandes festas realizadas en Galicia (EFE/José Carlos Rodríguez)
G24.gal
06/06/2024 18:31
Feiras gastronómicas e festas populares
- Festa dos Callos de Santa Mariña (Ferrol). Ideal para gozar o domingo dunha boa ración de callos ou de pan con chourizo, acompañados pola música do dúo Alba e Selu.
- Festa da Empanada de Millo de Cordeiro (Valga). Unha enorme empanada duns 40 metros de lonxitude e moitos sabores, as gaitas e o viño serán os protagonistas deste domingo.
- Festa de Primavera no Páramo. Tradicional festa celebrada no concello lucense, que inclúe desfiles de ganado, lanzamento de foguetes, verbena, folclore e pasarrúas entre o venres e o domingo.
- Feiradeza en Lalín. A 39.ª edición do certame gandeiro celebrarase entre o venres 7 e o domingo 9 de xuño e estará repleto de concursos, puxas e actividades.
- Festas de San Antonio do Castiñeiro en Lugo. Fin de semana de orquestras en Lugo; despois de Panorama actuarán o Combo, América e Manhattan.
- Festa da Rosa en Mos. Esta festa, cuxo día grande será o 13 de xuño, acollerá esta fin de semana un escape room para o sábado e un festival infantil para o domingo.
- Subida a Escusa en Poio. Unha auténtica festa para os amantes do motor desde o venres ata o domingo.
- Holi Gaiás 2024 (Santiago de Compostela). Unha carreira en que cubrirse de pos de cores na Cidade da Cultura este sábado por 5 €. Conta cunha Peque Holi para os cativos da casa.
Concertos e festivais
- Aquí tamén se fala. Venres 7 a partir das 17:00 na Coruña (Praza da Tolerancia)
- Grande Amore
- Boyanka Kostova
- Leria
- Lontreira
- Festivala, Mulleres Creando. Sábado 8 a partir das 19:00 en Vilagarcía de Arousa
- Fillas de Cassandra
- Brassica Rapa
- Zeltia Irevire
- Argallo
- Señora DJ
- Camilo, Sábado 8 ás 22:00 na Coruña (Coliseum).
- Niño de Elche. Sábado 8 de xuño ás 21:00 en Vigo.
- Festival Millo Verde. Do xoves 6 ao sábado 8 de xuño na praia de Cesantes, Redondela
- Masters of Rock XL. As mellores bandas tributo en Santiago. Venres ás 21:00.
Humor e teatro
- Daniel Fez. O cómico terá tres actuacións: o venres en Vigo, o sábado na Coruña e o domingo en Santiago.
- Corentena, de Perdomo e Touriñan: O 7 de xuño ás 20:30 en Ourense
- Cigarreiras. Relectura de La tribuna de Emilia Pardo Bazán. Domingo ás 20:00 en Cangas.
- As que limpan. No Teatro Jofre en Ferrol o sábado 8 de xuño.