Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mulleres só representan o 15% das novas matrículas en Informática

As mulleres só representan o 15% das novas matrículas en Informática

A Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense organiza talleres para estimular vocacións entre as nenas de primaria e secundaria

Con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Talleres para nenas na escola de Enxeñería Informática de Ourense
G24.gal 11/02/2023 14:26 Última actualización 11/02/2023 14:57

Unha aula chea de alumnas é unha rareza na Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense, onde as mulleres só representan o 15% das matrículas, "cando é un campo que ten unha proxección académica perfecta, unha carreira profesional e económica moi boa, e con paro cero", matiza Alma Gómez, profesora da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense.

Para estimular vocacións entre as estudantes de primaria e de secundaria, a escola abre as súas portas con talleres de robótica e programación adaptados ás distintas idades. "Porque hoxe é o día da muller e a nena científicas". "A min sempre me gustou a ciencia e os robots, e a programación gústame moito". "Gustaríame ser profesora de primaria, interésame moito, pero tamén me gusta moito a informática", comentan varias nenas.

"A nivel cultural hai certa tendencia a que os nenos vaian cara a unhas carreiras e as nenas cara a outras. Iso é o que intentamos romper", explica Begoña Losada, Organizadora de Oracle4Girls, a xornada que acolle a escola de Informática.

Unha das estratexias é achegarlles referentes femininas.

"Os lavalouzass, as luces de freo, os limpaparabrisas, o láser para operar as cataratas oculares... foron inventados por mulleres. Por que non as coñecemos?", pregúntase Alma Gómez.

A fenda de xénero é común a todas as titulacións STEM: ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar