As novidades do novo bacharelato: poderase facer en tres cursos e obter o título cun suspenso
As novidades do novo bacharelato: poderase facer en tres cursos e obter o título cun suspenso
A gran novidade é que un suspenso non será un impedimento para obter o título
As comunidades autónomas e o Consello Escolar do Estado estudan xa o borrador do decreto
O Goberno quere que o próximo curso se implante o novo bacharelato. Farase de forma gradual e traerá consigo cambios de avaliación e organización. Haberá cinco modalidades, unha delas o chamado xeral, pensado para os indecisos sobre o seu futuro académico.
A gran novidade é que un suspenso non será un impedimento para obter o título, pero a decisión final será do equipo de profesores.
Máis complicado ven o plano organizativo ao aumentar o número de materias e ao ter que repartir en tres cursos o bacharelato para casos excepcionais.
As comunidades autónomas e o Consello Escolar do Estado estudan xa o borrador do decreto que regula o novo bacharelato.