Publicador de contidos
Publicador de contidos

Orientan o alumnado para rachar cos estereotipos de xénero ao escoller profesión

Orientan o alumnado para rachar cos estereotipos de xénero ao escoller profesión

"Que non te líen. Ti elixes" é un programa das consellerías de Educación e de Promoción do Emprego e Igualdade

Tres mulleres referentes nas súas profesións en sectores masculinizados amosaron o seu éxito no IES O Couto de Ourense

G24.gal 02/02/2024 14:26

Fomentar a presenza das mulleres en sectores masculinizados. É o obxectivo do programa 'Ti elixes' que as consellerías de Educación e de Promoción do Emprego e Igualdade están levando aos institutos. E fano cos exemplos de mulleres galegas que son referentes nas súas profesións.

"Non hai profesións de homes e outras de mulleres". Dío Laura Vallejo, motoserrista e instagrammer, quen pode cortar ata 300 árbores nun día.

O da madeira é un sector moi masculinizado, igual ca o da construción, onde só o 9 % son mulleres. Algo que non botou para abaixo a Maruxa Barros, de feito traballa nas alturas.

Non hai como ter mulleres referentes para saber que é posible. Así llo amosaron hoxe ao alumnado dun instituto de Ourense grazas ao programa 'Ti elixes' das consellerías de Educación e de Promoción do Emprego e Igualdade.

E que rompan cos prexuízos e coa fenda de oportunidades e salarial. Hoxe téñeno máis claro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade