Publicador de contidos
Publicador de contidos

As numerosas fochas dificultan a condución pola A-6 na montaña lucense

As numerosas fochas dificultan a condución pola A-6 na montaña lucense

O tramo da autovía entre Baralla e Becerreá, co firme en peor estado

O Ministerio de Transportes prevé renovar máis de 70 quilómetros en sentido a Madrid

Félix Aragunde 24/03/2023 14:02

A progresiva deterioración do firme dificulta a condución no tramo da autovía A-6 que atravesa Os Ancares. Dende o Corgo ata Vilafranca do Bierzo hai máis de 70 quilómetros cunha morea de fochancas, sobre todo no carril dereito da suba de Baralla a Becerreá.

Con dúas décadas de antigüidade, o treito afectado foise parcheando nos últimos anos. Malia todo, o continuo paso de vehículos pesados, e sobre todo as inclemencias do tempo, fixeron que se abrisen de novo as fochas.

Para evitar danos nos vehículos, os condutores tratan de esquivar os buratos, con manobras que mesmo poden chegar a provocar accidentes.

Ante as queixas dos usuarios e o perigo que representa, o Ministerio de Transportes anunciou a renovación integral do firme neste tramo da A-6, en canto o tempo o permita.

Cun prazo de execución de nove meses, as obras rehabilitarán o pavimento entre os quilómetros 480 e 407 en sentido a Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade