Publicador de contidos
Publicador de contidos

Envorca un camión e obriga a cortar un carril da Autoestrada do Noroeste en Baralla

Envorca un camión e obriga a cortar un carril da Autoestrada do Noroeste en Baralla

O camión ía cargado con pacas de palla

G24.gal 07/05/2024 14:21

Susto na Autovía do Noroeste á altura de Baralla. Cando pasaban poucos minutos das nove da mañá unha chamada a emerxencias alertaba dun accidente de tráfico no quilómetro 461; na saída de Navia de Suarna. O camión articulado que ven nas imaxes perdeu o control e envorcou. As balas de palla que transportaba quedaron esparexidas pola autoestrada cortando completamente o carril de saída. 

Un axente da Garda Civil de Tráfico do destacamento de Lugo aseguraba que ían tardar en despexar a vía porque precisaban un guindastre para retirara o camión accidentado e as pacas. Así e todo contaban ter aberta o carril de saída antes da noite.

Malia o aparatoso do accidente, o camioneiro saíu ileso. Dende Tráfico confirmaron que deu negativo nas probas de alcol e drogas.

Os primeiros datos recollidos no lugar apuntan a que o camión colidiu contra o parapeto de formigón antes de envorcar. A Garda Civil de Tráfico está a investigar as causas do sinistro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade