Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Audiencia Nacional xulga este martes os dirixentes de Resistencia Galega polo atentado de Baralla

A Audiencia Nacional xulga este martes os dirixentes de Resistencia Galega polo atentado de Baralla

A fiscalía pide para os dous acusados cadansúa pena de 15 anos de cárcere

G24.gal 14/10/2024 18:57

A Audiencia Nacional xulga desde este martes dous dirixentes do grupo terrorista Resistencia Galega por ordenaren a un terceiro que atentase contra a Casa do Concello de Baralla e por proporcionarlle o material explosivo necesario.

A Fiscalía pise 15 anos de cárcere tanto para Antonio García Matos como para Asunción Losada Camba polo delito de estragos terroristas por autoría mediata.

Segundo lembra o Ministerio Público, sobre as 00:30 horas do 1 de outubro de 2014, Raúl Agulleiro Cartoy, xa condenado por estes feitos, "seguindo as ordes e instrucións impartidas polos procesados" dirixiuse á localidade de Baralla co artefacto explosivo facilitado por eles e colocouno no Concello, "no lateral esquerdo da porta de entrada, sobre o chanzo que dá acceso ao inmoble".

A bomba estourou sobre as 04:45 horas e causou "graves danos" no inmoble, coa destrución da porta de entrada, o chan e o muro da fachada, fendas e desprazamentos en fachada e columnas do soportal.

Ademais, a deflagración provocou derrubas no interior, rotura de xanelas e portas, caída de falsos teitos e danos no mobiliario. En total, a Fiscalía apunta que os danos causados foron taxados pericialmente en 222.488,32 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade