Publicador de contidos
Publicador de contidos

As obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 provocarán un corte de tráfico dende este xoves

As obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 provocarán un corte de tráfico dende este xoves

Co obxectivo de continuar avanzando na execución das obras, procederase ao corte total dos ramais de entrada e saída da calzada dereita da A-55, entre os puntos quilométricos 30+100 e 30+600

Os traballos desenvolveranse ata o próximo 25 de outubro

G24.gal 04/10/2023 11:49

O avance nas obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 fará necesario o corte de tráfico en ramais da ligazón con esta última estrada a partir deste xoves, día 5 de outubro. Para executar a ligazón do punto quilométrico 30 na autovía A-55 e conectar coa vía de altas prestacións Tui-A Guarda, a Xunta explicou que é necesario construír un novo ramal de incorporación á autovía en sentido Portugal desde a glorieta elevada, na calzada dereita.

Co obxectivo de continuar avanzando na execución das obras, procederase ao corte total dos ramais de entrada e saída da calzada dereita da A-55, entre os puntos quilométricos 30+100 e 30+600. Os traballos desenvolveranse desde este xoves ata o próximo 25 de outubro.

Para iso, conforme detallou a Consellería de Infraestruturas nun comunicado, esta semana cortarase o ramal de incorporación sentido Portugal e a próxima semana pecharase o de entrada ao enlace, sentido Tui-Polígono de Areas.

O Goberno galego segue avanzando nesta infraestrutura viaria, cun grao de execución que supera o 82 %. Esta intervención supón un investimento autonómico de 30 millóns e é estratéxica para reforzar a seguridade viaria e aumentar a competitividade na contorna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade