Publicador de contidos
Publicador de contidos

As obras na A-52 preto da Cañiza provocan retencións puntuais

As obras na A-52 preto da Cañiza provocan retencións puntuais

Nótanse máis nestes meses de verán polo incremento do tráfico

Os traballos son para mellorar a drenaxe en varios quilómetros 

G24.gal 07/08/2023 14:27

O Ministerio de Transportes aprobou as obras de urxencia hai dous meses tras detectar graves incidencias no firme en varios puntos da autovía A-52.

Entre novembro e xaneiro, houbo catro accidentes, con dez feridos e un falecido.

O perigo aumenta pola acumulación de choiva nos meses de inverno. Así que agora están mellorando a drenaxe, cun investimento de case 4 millóns. Un dos carrís xa leva semanas cortado, complicando a circulación 

Ademais o tráfico aumenta nestes meses de verán polos turistas, xa que a autovía conecta Galicia con Castela e León.

As obras comezaron a principios de xullo e o prazo estimado de execución é de 9 meses. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade