Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ribera di que reducen a superficie para a eólica mariña atendendo as demandas do sector pesqueiro

Ribera di que reducen a superficie para a eólica mariña atendendo as demandas do sector pesqueiro

As palabras da ministra sobre a eólica mariña non convencen o sector pesqueiro 

Para a pesca o proxecto pon en risco os ecosistemas mariños e piden informes

As asociacións de enerxía eólica defenden a compatibilidade das dúas actividades

G24.gal 10/05/2023 14:45 Última actualización 10/05/2023 15:01

A ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, compareceu esta mañá no Congreso para informar sobre os plans de ordenación do espazo marítimo.

Ribera asegurou que, atendendo as demandas do sector pesqueiro, se reduciu a supercie inicial prevista.

O Partido Popular pediulle que rectifique e o BNG dixo que o Goberno se pon de lado das grandes empresas enerxética.

Reacción do sector pequeiro

As palabras da ministra sobre a eólica mariña non convencen o sector pesqueiro. Critican que o proxecto se elaborou sen ter en conta os informes socioeconómicos e medioambientais que piden desde o sector da pesca. 

Unha vez que se adxudiquen as poxas e empecen os proxectos, desde as asociacións de enerxía eólica defenden que se conseguirá a coexistencia das dúas actividades

O Executivo central reserva para a eólica mariña 5.000 quilómetros cadrados nas costas españolas, máis da metade en Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade