Publicador de contidos
Publicador de contidos

As panadarías apagan as luces para facer ver as dificultades polas que pasa o sector

As panadarías apagan as luces para facer ver as dificultades polas que pasa o sector

Este mediodía pararon 15 minutos para pedir solucións ante o incremento de custos da enerxía e das materias primas 

G24.gal 28/10/2022 12:43

O incremento de prezo da electricidade, os combustibles e as materias primas ameaza a viabilidade de moitas panadarías. O sector convocou hoxe un paro en toda España para demandar ao Goberno unha solución.

Ás doce do mediodía as panadarías apagaron as luces durante 15 minutos. Un paro simbólico para facer visible a difícil situación económica que atravesan.

Os custos disparáronse. Por exemplo, a electricidade triplicouse, e as materias primas, como é a fariña, custa un 80 por cento máis. A situación, din, é inviable, por iso piden que adopten medidas para pór freo a este incremento de prezos, se non moitas, afirman, terán que baixar a persiana.

É máis, algunhas xa deixaron de repartir polas aldeas debido ao incremento do custo dos combustibles.

En España hai 12.000 locais que elaboran pan de xeito artesanal e que dan emprego a 190.000 persoas. Din que este incremento de custos non llelo poden repercutir novamente aos consumidores porque temen que deixen de mercar este pan de calidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos