As peixerías piden unha rebaixa do IVE ao 0 %, o que chaman "fiscalidade saudable"
As peixerías piden unha rebaixa do IVE ao 0 %, o que chaman "fiscalidade saudable"
O produto pesqueiro non subiu en prezos, pero é o máis penalizado no consumo, segundo a patronal das peixerías
María Luisa Álvarez Blanco, directora xeral de ADEPESCA, patronal das peixerías españolas explicou que a fiscalidade saudable é que o Goberno aposte por unha fiscalidade que axude os españois a levar unha dieta saludable.
"Precisamente son as familias vulnerables as que máis se está alonxando da dieta mediterránea e as que máis están sufrindo as consecuencias para a súa saúde, ao non comer correctamente, neste caso os produtos pesqueiros".
Segundo ADEPESCA O peixe foi dos que mellor se comportou en canto a subida de prezos. Está baixando un 2,7 % os produtos frescos e conxelados, pero o consumidor ten unha percepción errada de que o produto pesqueiro é caro.
"Sufrimos caídas acumuladas que chega ao 15 % das vendas e seguimos coa mesma tendencia. A pesar de que o produto pesqueiro non subíu en prezo é o máis penalizado no consumo".
"Estamos solicitando a elinimación do IVE. Nos productos pesqueiros o IVE é do 10 % , se compramos un pescado a 10 euros 1 é para o Goberno, cando existen taxas super reducidas ao 4 %, como poden ser as froitas, as verduras, as hortalizas, que baixaron temporalmente para combatir a inflacción ao 0%".
As peixerías queren que definitivamente quede ao 0 %. Din que o Goberno ten que mandar unha mensaxe forte de que é básico consumir os productos pesqueiros para manter a dieta mediterránea, que garante unha saúde axeitada.
Álvarez afirmou que por cada euro de prevención afórranse seis, por iso o Goberno debería renunciar aos impostos que gravan os produtos altamente saudables como é o peixe.
"Comendo peixe podemos reducir as posibilidade de sufir unha doenza cardiovascular, que é unha das principais causas de mortaldade en España. Hai que ter en conta que 4 de cada 10 nenos e nenas en España teñen exceso de peso, algo que incide especialmente nas familias vulnerables".