As penalizacións apean a España do diploma en tríatlon
As penalizacións apean a España do diploma en tríatlon
A selección de relevos mixtos do galego Antonio Serrat remata en novena posición
Alemaña gañou o ouro, con Estados Unidos e Gran Bretaña como prata e bronce
A un pasiño do diploma olímpico. Así quedou España nas remudas mixtos de tríatlon. E non foi o ritmo de carreira o culpable, se non dúas penalizacións no primeiro tramo de natación que fixeron que os españois acadaran finalmente a novena praza.
Antonio Serrat foi o terceiro integrante do cuarteto en participar, e mantivo un bo ritmo que fixo que España mantivera o posto antes de darlle o relevo a Miriam Casillas, que pechou a proba. Antes participaran Alberto González e Anna Godoy.
A proba rematou con emoción. Alemaña foi primeira e levou o ouro. Para a segunda e a terceira posición houbo fotofinish. Nun principio deuse a Gran Bretaña como segunda, pero houbo un cambio e foi Estados Unidos a que conseguiu a prata, quedando os británicos co bronce.