Publicador de contidos
Publicador de contidos

As praias de Sanxenxo, sen duchas nin papeleiras

As praias de Sanxenxo, sen duchas nin papeleiras

O Concello adopta esta medida para aforrar auga e para evitar que as gaivotas esparexan o lixo polo areal

Os bañistas poderán usar lavapés para limpar as areas

G24.gal 05/07/2023 16:24

Sanxenxo quere reducir ao máximo o gasto en auga este verán. Non funcionarán as duchas nas praias e seguirá sen haber papeleiras nos areais.

Os que visiten as praias terán que conformarse cos lavapés a pé de praia para aforrar no consumo excesivo de auga que provocaban as duchas, especialmente en areais coma o de Silgar.

Tampouco haberá papeleiras a pé de area, una decisión que pretende contribuír ao coidado ambiental; a cambio, reforzarase o servizo coa colocación de colectores á saída das praias. Unha medida tomada para evitar que as gaivotas collan o lixo e o esparexan pola area.

A axencia que concedeu as bandeiras azuis non pon impedimento, xa que as medidas prolongadas polo Concello son para aforrar auga e por cuestións medioambientais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar