Publicador de contidos
Publicador de contidos

As praias fluviais deberían ter sinalización dos riscos para o usuario, din desde Fessga

As praias fluviais deberían ter sinalización dos riscos para o usuario, din desde Fessga

A presidenta da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo bota de menos a existencia de lexislación específica

O río Miño ao seu paso por Arbo onde na fin de semana afogaron un home e seu fillo
G24.gal 02/05/2022 13:30

As praias fluviais de Galicia deberían ter sinalización alertando dos riscos, segundo reclaman desde a Federación Galega de Salvamento.

A súa presidenta, en declaracións a A revista, botou de menos a existencia de lexislación ao respecto e avogou pola implantación do servizo do socorrista en todas as zonas de baño dos ríos.

"Nalgunhas praias fluviais de Galicia, nas mínimas, hai equipo de salvamento a partir do 15 de xuño ou 1 de xullo. Pero está claro que tiñamos que telo en moitas máis zonas para que non pasasen este tipo de cousas, e dámonos de conta de que non hai lexislación cando hai un accidente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar