Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Banco de España prevé que a inflación caia o ano que vén ao 5,6 %

O Banco de España prevé que a inflación caia o ano que vén ao 5,6 %

O supervisor bancario estima que o PIB medrará en 2023 dous puntos menos do que  calcula o Executivo 

G24.gal 05/10/2022 21:06 Última actualización 05/10/2022 22:03

As previsións  do Banco de España que hoxe coñecemos emendan as do Goberno.

O supervisor bancario di que este ano a economía medrará catro décimas máis do previsto polo Goberno.

Estima tamén que o ano que vén o PIB se incrementará nun 1,4 %, fronte ao 3,4 % que prognostica o Goberno e que é a previsión sobre a que basea os presupostos.

Os prezos seguirán subindo. 2022 rematará, segundo a estimación do Banco de España, cunha inflación media do 8,7 %, que caerá o ano que vén ao 5,6%.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade