As queimas agrícolas volven estar autorizadas desde este venres
As queimas agrícolas volven estar autorizadas desde este venres
Medio Rural tomou a decisión ao cambiar as condicións climáticas e reducirse o risco de incendios
A Consellería do Medio Rural permite desde este venres as queimas agrícolas cuxos permisos se tramitaron con dous días de antelación, é dicir, desde o pasado mércores, dado que as condicións climáticas cambiaron e baixou o risco de incendio.
Medio Rural tomou esta decisión ao cambiar o tempo seco que provocou no seu momento a decisión de suspender as queimas ante o elevado risco de incendios e en aplicación da normativa que o permite para reducir esa posibilidade.
A Xunta informa de que os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a citada normativa -de prevención e defensa contra os incendios forestais- deberán comunicalo dous días antes.
No caso de queimas de restos forestais amoreados, non basta coa comunicación, hai que solicitar unha autorización, debido ao risco que supón.
De todos os xeitos, autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.