Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os comerciantes din que as rebaixas de inverno están sendo frouxas

Os comerciantes din que as rebaixas de inverno están sendo frouxas

Os comerciantes din que a covid e a suba da luz e o gas reducen o gasto

G24.gal 02/02/2022 15:30

As rebaixas de inverno non están a dar os resultados que agardaban os comerciantes. Este primeiro mes de vendas está a ser máis frouxo do habitual. 

As vendas resístense malia que a maioría das tendas ofrecen xa descontos entre o 50 e o 70 %. Os comerciantes din que a campaña deste ano arrancou con forza, pero que, despois duns primeiros días bos, as vendas se estancaron. Cren que a covid e a suba da luz e o gas fan que non destinemos tanto presuposto ás compras. 

Tradicionalmente as rebaixas de inverno supuñan un revulsivo para as tendas, pero as ofertas continuas que agora ofrecen a maioría dos establecementos e a crise da covid están facendo que os clientes se resistan. Os comerciantes piden que se volvan a establecer períodos fixos para facer descontos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade