Publicador de contidos
Publicador de contidos

As redes sociais marcan como novo punto para mocear os corredores dos supermercados

As redes sociais marcan como novo punto para mocear os corredores dos supermercados

Nova tendencia viral que enche de vídeos as redes sociais

Hai un horario específico e claves para manifestar que un busca parella

G24.gal 28/08/2024 15:00

Este vídeo de humor foi a chispa que acendeu a mecha dunha nova tendencia viral arredor de saír a ligar ao supermercado, pero hai cousas a ter en conta.

"Existe a hora para 'ligar', de sete a oito da tarde".

"Vin que hai como un horario no que a xente vai 'ligar'".

Unha piña é a clave para amosar que buscamos parella, pero tamén hai outros códigos dependendo do que busque cadaquén.

"Analízase moito se, por exemplo, unha persoa colle cousas frescas non é de fiar, busca algo pasaxeiro", di a psicóloga Lara Ferreiro.

"Saen nas redes ata a que produtos tes que ir".

A idea non convence a uns. 

"Penso que é unha moda pasaxeira".

"Unha campaña publicitaria".

Mentres que outros amosan interese.

"Acabo de sabelo, pero vale, hai que intentalo".

A nova xera sorpresa e risa a partes iguais entre os maiores.

"Oíno na televisión e paréceme unha parvada das grandes".

"Non lles sobrará a onde ir".

"Se a todos lles gusta o mesmo ao mellor é bo".

Sexa humor ou realidade, a moda esténdese xa a outros supermercados e enche de vídeos as redes sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade