Unha liorta entre unha nai e a filla en Ribeira remata cunha delas colgada do capó do coche
Unha liorta entre unha nai e a filla en Ribeira remata cunha delas colgada do capó do coche
Veciños do barrio de Abesadas da vila do Barbanza gravaron a agresión e as perigosas manobras do turismo en marcha
Tratouse dunha escena surrealista na madrugada do vernres en Ribeira, no barrio da Abesadas. Unha liorta entra nai e filla remata cunha delas colgada do capó do coche en marcha.
Os veciños captaron en video o que sucedía, alertado polos berros das mulleres. Minutos antes, unha nai e unha filla pelexaban no mesmo lugar mentres unha terceira persoa se desesperaba por separalas.
As secuencias foron gravadas polos veciños dun barrio que amosan o seu cansazo ante a repetición de conflitos coma este.
Algúns deles trataban de disuadir sen éxito a intensa discusión: "Solta a túa nai. Sodes nai e filla! dicíalles a persoa que trataba de mediar sen éxito.
Non transcenderon máis datos do que pasou despois de que o vehículo desaparecera cunha muller sobre o capó por unha rúa lindeira. Todo se difundiu pouco despois polas redes sociais.