Publicador de contidos
Publicador de contidos

As reservas de sangue do grupo A negativo en Galicia están máis baixas do recomendable

As reservas de sangue do grupo A negativo en Galicia están máis baixas do recomendable

Para doar sangue só é necesario ter entre 18 e 65 anos, pesar máis de 50 quilos e non ter enfermidades contaxiosas

G24.gal 19/07/2023 12:45

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue necesita repoñer as súas reservas, especialmente do grupo A negativo, que están máis baixas do que é recomendable.
Por iso lanza un chamamento á poboación para que acuda a doar antes de iniciar as súas vacacións estivais.

Para doar sangue só é necesario ter entre 18 e 65 anos, pesar máis de 50 quilos e non ter enfermidades contaxiosas.

Poderán facelo nos puntos permanentes das sete principais cidades galegas e nas unidades móbiles, que durante está xornada estarán en Narón, no barrio coruñés de Novo Mesoiro, en Oleiros, na Praza Maior de Lugo, en Viana do Bolo, no barrio santiagués das Fontiñas e nas instalacións da empresa Stellantis en Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade