Cargando resultados...
As reservas de tres grupos de sangue están baixas en Galicia
As reservas de tres grupos de sangue están baixas en Galicia
O Sergas chama para que acudan ás unidades fixas ou móbiles de doazón de sangue as persoas dos grupos A negativo, 0 positivo e AB negativo
Unha doadora de sangue e unha enfermeira na unidade móbil instalada este mércores en Santiago
G24.gal
21/02/2024 14:06
O Sergas chama a que acudan ás unidades fixas ou móbiles de doazón de sangue as persoas dos grupos A negativo, 0 positivo e AB negativo.
As reservas de hemoderivados deses tres grupos están baixas, segundo os responsables de Sanidade, que lembran que toda doazón sempre é ben recibida.
Nas sete cidades galegas hai punto estable no hospital para a doazón de sangue. As unidades móbiles están esta tarde en Narón, Coristanco, Santiago, Pontevedra, Redondela, Vigo e Rairiz de Veiga.