Publicador de contidos
Publicador de contidos

As residencias de Galicia contarán coa última tecnoloxía para mellorar o coidado dos maiores

As residencias de Galicia contarán coa última tecnoloxía para mellorar o coidado dos maiores

Os cuartos contarán con sensores que permitan detectar caídas ou equipos para facer exercicio cunha pantalla

G24.gal 15/12/2023 20:26

A conselleira de Política Social e o responsable de Facenda visitaron en Santiago a primeira residencia intelixente da nosa comunidade. Nos cuartos contarán con sensores que permitan detectar caídas. Ou equipos para facer exercicio cunha pantalla, como se se tratase dun videoxogo, para mellorar a mobilidade dos residentes.

"Reconvertemos os cuartos en intelixentes, incorporando sensores e tamén distintas tabletas para medir a calidade e sobre todo a seguridade de todas as persoas maiores que viven nun centro residencial. Ao mesmo tempo que tamén incorporamos novos equipos de fisioterapia", explica Fabiola García, conselleira de Política Social.

"Como mellora da calidade de vida dos usuarios desta residencia grazas á tecnoloxía. Estamos a facer un investimento de máis de 7 millóns de euros en mudar esta atención aos usuarios", engade Miguel Corgos, conselleiro de Facenda e Administración Pública 19.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade