Publicador de contidos
Publicador de contidos

As Rías Baixas notan o tirón na ocupación turística e as Cíes colgan o cartel de completo

As Rías Baixas notan o tirón na ocupación turística e as Cíes colgan o cartel de completo

Moitos turistas aproveitan a ponte festiva de comunidades como Madrid e Castela e León para visitar Galicia

A chegada do AVE a Ourense, segundo os propios hostaleiros do Val Miñor, está propiciando que cada vez máis xente do centro da península chegue a Galicia para gozar das súas vacacións calquera fin de semana

Sanxenxo rozará o 80 % da ocupación hoteleira

G24.gal 30/04/2022 16:24

No peirao do porto de Vigo, de onde saen os barcos esta fin de semana cara ás Illas Cíes era moi complicado atopar alguén de Galicia.

"Venimos de Castellón. Estamos alojados en un apartamento turístico en Vigo y pasaremos aquí unos tres días"

"Estamos aquí para ver las islas Cíes y a la vuelta pararemos en Ourense. Pero bueno, básicamente, alimentación y descanso"

Para visitar as Cíes xa non hai prazas, nin este sábado nin o domingo. Pero os turistas non só se concentran no centro da cidade de Vigo, tamén en lugares costeiros do Val Miñor como Baiona ou Nigrán, onde o nivel de ocupación é moi bo. Así o di o presidente de OVALMI, José Ángel González.

"O AVE a chegada a Ourense ha sido una explosión importante de turistas para toda a zona de Galicia pero en especial para a costa. O nivel de ocupación é un pouquiño inferior aos datos de Semana Santa pero si se ve unha afluencia importante. Parece que en calquera momento aparecen picos do mes de agosto"

Moitos turistas proceden do centro da península, onde moitas comunidades teñen ponte festiva. Se a paisaxe e a gastronomía son todo un atractivo turístico, agora tamén o sol e as boas temperaturas son un reclamo para o sector.

"Al principio éramos escépticos a venir porque al ser de Bilbao siempre buscas buen tiempo y vamos para el sur, y siempre el tiempo nos condicionaba, y no podíamos pedir más en este sentido"

En Sanxenxo, para esta fin de semana, as previsións tamén son moi boas. Aquí chegan ao 80 % da ocupación media, rexistros xa similares aos de antes da pandemia.

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade