As rúas de Sande locen os mecos como anuncio do Entroido
As rúas de Sande locen os mecos como anuncio do Entroido
Foi tal o éxito do ano pasado que este ano haberá uns 60 por toda a aldea
A falta das celebracións habituais, os mecos ocuparon o ano pasado durante o Entroido as rúas de Sande, no concello de Cartelle, para darllee algo de cor. E tanto foi o éxito que este ano repiten e mesmo aumentan o número de personaxes.
Como en tantas aldeas da provincia de Ourense, aquí falar de Entroido non é calquera cousa. É esa festa que ninguén perde, a que todos lembran dende cativos.
E aínda que moitas cousas mudaron nobn foi así coa tradición dos Mecos. Hainos que agardan casamento, os que beberon de máis, e mesmo xornalistas na procura da noticia. Os veciños din que en Sande hai oco para todos.
Saben que terá que ser unha festa reducida e por iso traballan na elaboración dos mecos, para comezar a colocalos axiña en cada recuncho da aldea como anuncio da chegada do Entroido.
Todos botan unha man para que de a pouco vaian collendo forma. Uns ocúpanse da carpintería, outros do vestiario, e outros das ideas e a intendencia. Un traballo en equipo, que en realidade, din non é tal, senón unha parte máis da diversión que trae consigo o Entroido.
O ano pasado a falta de grandes celebracións arredor de sesenta mecos foron os encargados de ocupar as rúas durante a festa.
En Sande levan semanas coa vista posta no Entroido, coa ilusión contida de ue este ano a festa será un pouco máis a que acostuma ser a súa.