As sopas de burro canso levan a festa ao concello de Muíños
As sopas de burro canso levan a festa ao concello de Muíños
Houbo comida popular, a base de produtos locais
Tamén celebraron a tradicional baixada de carrilanas
A baixada de carrilanas é un dos espectáculos máis agardados nas festas de Muíños. Hai unha carreira profesional, do Campionato Galego de Carrilanas, e outra para afeccionados, con vehículos tradicionais, na que participan os propios veciños da zona. Fan un percorrido duns tres quilómetros, desde Porqueirós, e este ano houbo unha trintena de participantes, nenos e maiores.
"Moi divertido, pero algo perigoso. Hai que ir amodo".
"En canto te soltas un pouco e perdes o medo, superbén".
"Quitar o estrés, divertirse...", comentan entre risas varios participantes.
Pero a festa baséase sobre todo no aspecto culinario, cunha comida popular para oitocentas persoas no pavillón dos Deportes, a comida do "Galo que pica no chan e o becerro do Xurés ao espeto".
Xa á noitiña, para repoñer forzas, servíronse as sopas de burro canso, unha sobremesa tradicional elaborada con pan duro, azucre e viño.