Publicador de contidos
Publicador de contidos

As telefónicas tradicionais perden mercado polo avance das de baixo custo

As telefónicas tradicionais perden mercado polo avance das de baixo custo

O 41 % dos usuarios que cambien de operador para o ano irán a unha low cost

 

G24.gal 05/10/2023 14:36

Cando pensamos en telefonía, son catro grandes marcas as que nos veñen á cabeza. Pero o certo é que existen case un cento de compañías que ofertan servizos de móbil e fibra. Operadores menos coñecidos pero máis baratos que van comendo mercado aos grandes, sobre todo nun contexto de inflación.

"Eu cambiei catro ou cinco veces".

"Primeiro póñenche un prezo moi barato, despois soben, e toca volver cambiar".

"Eu estou nunha grande, hainas máis baratas pero poden ser peores".

"Eu penso que todas funcionan igual, non hai diferenzas", comentan algúns transeúntes.

O informe Telco estima que o 41 % de españois que cambien para o ano de operador farano a un dos de baixo custo. O prezo é o motivo fundamental, pero non o único. A velocidade, a calidade da Rede ou a cobertura tamén son determinantes.

"Eu estaba nunha das coñecidas e cambiei para unha galega con fibra no rural e mellor cobertura".

"Se é barata pero non ten bo servizo ou chamadas ilimitadas, ou máis xigas, pois eu prefiro pagar máis".

"Para min todo depende da cobertura que me dea na casa", di a xente na rúa.

España é o segundo país europeo detrás de Italia con máis transvasamento de clientes cara aos operadores low cost. O estudo indica tamén que os usuarios que cambian non adoitan regresar aos provedores tradicionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade