As típulas, un tipo de insecto que non debemos matar
As típulas, un tipo de insecto que non debemos matar
Confundímolos cos mosquitos, pero non o son, porque son inofensivos para o ser humano
As típulas, de seguro que por este nome non os recoñecen, pero estes días estes insectos de patas grandes son moi visibles, sobre todo porque entran nas nosas casas atraídos pola luz artificial
O seu papel é fundamental para a especie humana, por iso os expertos piden que non se maten
Podemos velas estes días nas nosas casas, sobre todo nas zonas máis rurais, e adoitan confundirse cos mosquitos, pero non o son, sobre todo porque son moito máis grandes. Alejandro Polina é un dos investigadores do grupo de bioloxía ambiental da Universidade de Vigo.
"Son insectos moi grandes, moi voluminosos e a xente soe confundilos erroneamente con mosquitos e podemos atopalos nas nosas casas".
Son típulas, un tipo de insecto que, atraído pola luz artificial, entra accidentalmente nas nosas casas. Son inofensivas para o ser humano. É dicir, non nos picarán, porque non nos precisan para sobrevivir. Pero aquí onde os vemos, coa súa torpeza voadora, estes insectos son fundamentais para o medio ambiente tal e como nos relata Alejandro Polina.
"O que fan é alimentarse de néctar das plantas. Como consecuencia empápanse co pole das propias plantas e polo tanto cumpren unha función polinizadora moi importante".
Aínda que a nosa primeira reacción é a de exterminalos, non é o recomendado.
"Eu o que recomenda é o de empregar un bote ancho, capturalas, pechalas e despois abrilo para que saía voando cara ao exterior".
Son insectos moi fráxiles, así que mellor non collelos. Con todo, esta especie é moi necesaria para a supervivencia da especie humana.