Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Parlamento premia as tres institucións estatutarias coa súa medalla

O Parlamento premia as tres institucións estatutarias coa súa medalla

O galardón recoñece o labor do Valedor do Pobo, o Consello da Cultura Galega e o Consello de Contas, "complemento imprescindible para garantir o correcto funcionamento da democracia", di Miguel Santalices

G24.gal 06/04/2022 14:52

O Valedor do Pobo, o Consello da Cultura Galega e o Consello de Contas son os tres galardoados deste ano coa Medalla do Parlamento de Galicia. A Mesa recoñeceu o traballo desenvolvido por estas tres institucións, recollidas no propio Estatuto de Autonomía, na consolidación do autogoberno de Galicia.

Miguel Santalices, presidente do Parlamento, dixo que estas institucións, recollidas no propio estatuto de autonomía, "constitúen o complemento imprescindible para garantir o correcto funcionamento da democracia".

O presidente da Xunta tamén recoñeceu o labor desenvolvido durante estes anos polas tres institucións. Alberto Núñez Feijóo, asegurou que "sen estes óganos de control xa non é posible concebir o autogoberno".

Durante o acto tamén estivo moi presente a guerra de Ucraína. Santalices asegurou que a democracia plena non pode borrarse con bombas nin con represión. Pola súa banda o presidente da Xunta apuntou que non podemos ser equidistantes fronte unha invasión que está derivando en crimes de lesa humanidade, nin practicar un falso pacifismo que lle negue ao pobo ucraíno todo tipo de axuda para defenderse lexitimamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade