As unidades de rescate piden precaución nas excursións á montaña
As unidades de rescate piden precaución nas excursións á montaña
Recomendan establecer previamente o itinerario e os horarios
Aconsellan garantir a carga do móbil e non confiarse
O frío e a neve complican aínda máis a práctica do sendeirismo
Ante a vaga de frío que está a deixar temperaturas moi baixas, as forzas de seguridade e rescate piden precaución, sobre todo no caso da práctica de sendeirismo ou deportes de montaña.
Ademais de levar roupa e material axeitado, recomendan establecer previamente o itinerario e os horarios previstos, garantir a carga do teléfono móbil e, sobre todo, non confiarse malia ir equipados.
Durante o 2021, o Servizo de Montaña da Garda Civil realizou preto de mil rescates en zonas de difícil acceso. Nalgunhas comunidades, como Cataluña, os accidentes aumentaron un 40 por cento o ano pasado.
Por iso, as unidades de rescate poñen o foco nos perigos que supón saír á montaña sen a preparación e os equipos mínimos necesarios, sobre todo, con neve e baixas temperaturas.