Publicador de contidos
Publicador de contidos

As vacas xa poden salvarse das vagas de calor grazas a un colar intelixente

As vacas xa poden salvarse das vagas de calor grazas a un colar intelixente

Fai un uso máis eficiente dos ventiladores e descubriron que as duchas que se aplicaban ás vacas nas noites de verán eran innecesarias

G24.gal 15/08/2023 09:51

O gando vacún non escapa aos rigores do verán, polo que as granxas teñen ventiladores e mesmo duchas que axuden a mitigar as altas temperaturas pero co que non contaban, ata hai pouco, é cun colar intelixente que testa, vaca a vaca, o seu nivel térmico para previr un golpe de calor.

Trátase da innovación tecnolóxica e é o primeiro colar capaz de ofrecer ese servizo ao gandeiro para evitar que as súas vacas sufran estrés térmico, segundo indica a compañía que o fabrica.

O estrés térmico fai que a vaca coma menos, o que lle afecta á reprodución (mesmo a futura cría), debilita o sistema inmune e, no caso das leiteiras, fai que produzan menos leite. 

Detalla que o ano pasado descubriron que as duchas que se aplicaban ás vacas nas noites de verán eran innecesarias, xusto o contrario do que crían, polo que o gandeiro aforra esa auga.

Tamén se fai un uso máis eficiente dos ventiladores e iso redunda nunha optimización do gasto enerxético. 

Tecnoloxía precisa

O colar, ou o crotal, pódese colocar á vaca que se desexe monitorizar para ter unha información "con moito detalle" do seu estrés térmico.

O dispositivo é capaz de detectar a respiración por calor dun animal para avisar inmediatamente ao gandeiro a través dunha aplicacións e que poida así proporcionarlle os coidados necesarios. 

Polo momento, no sector que "máis impacto" está a ter é no vacún leiteiro porque os resultados son máis evidentes xa que se percibe na produción diaria. 

Máis usos 

O colar envía información en tempo real a unha antena instalada na granxa e desde aí ao dispositivo móbil do gandeiro. É capaz de recompilar unha gran cantidade de información sobre o comportamento da vaca.

En reprodución, por exemplo, mellora a precisión na detección do celo; mentres que no ámbito da saúde monitoriza as respostas a tratamentos en tempo real, proporcionando informes e alertas que permiten actuar de forma precoz. 

No campo da nutrición, mellora a estratexia comprendendo como reaccionan as vacas aos cambios na cantidade de alimento.

Con todo iso e, segundo a compañía, o gandeiro afórrase o tempo da observación visual; conséguese unha maior lonxevidade dos animais; facilita a detección de patoloxías futuras; e axuda a tomar decisións rápidas sobre tratamentos e intervencións, permitindo accións preventivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar