Publicador de contidos
Publicador de contidos

As vendas de vehículo eléctrico caen un 26 por cento en agosto

As vendas de vehículo eléctrico caen un 26 por cento en agosto

O usuario segue a desconfiar deste produto pola autonomía nas viaxes longas e os poucos puntos de recarga

O aforro en combustible e mantemento fronte aos vehículos de combustión achégase ao 70 por cento

G24.gal 05/09/2024 15:03

Agosto pechouse cunha nova caída nas vendas de vehículo eléctrico. As matriculacións retrocederon ata un 26 por cento. O usuario segue desconfíando deste produto.

"Cremos que o vehículo eléctrico nos vai deixar tirados, que non temos autonomía, que non vale para viaxes longas", explica José Manuel Bouza, xefe de vendas de Hyundai Lugo.

Preocupa a autonomía nos desprazamentos longos, pero tamén os escasos puntos de recarga.

 "Saes pola maña e se tes que parar dez minutos para botar combustible, sen problema, pero co vehículo eléctrico hai que planificar a viaxe hai que pensar que o tempo de recarga medio son 25 ou 30 minutos", comenta o director comercial de Volvo Balpersa Lugo, Ramón González.

Aínda así, as vantaxes dun vehículo eléctrico son numerosas: a principal, o aforro. Os coches eléctricos apenas teñen mantemento e, se falamos de combustible, o gasto redúcese de xeito considerable.

"Tranquilamente un 70 ou 80 por cento de aforro se o usuario recarga no seu domicilio, se recarga nas estacións de carga sería un 40 ou un 30 por cento", asegura o xefe de Vendas de Hyundai Lugo, José Manuel Bouza.

Aínda que é un produto caro, hai axudas que permiten a compra a un prezo razoable. O problema é que non son de cobro inmediato.

 "O ideal é que o incentivo fora inmediato coa compra. Contando coas axudas, hai a posibilidade de comprar un coche desde 29.000 euros", di Ramón Gónzález, director comercial de Volvo Balpersa Lugo.

Factores que fan que este mercado medre a un ritmo máis lento. O ano pasado en España vendéronse 125.000 vehículos eléctricos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade