Publicador de contidos
Publicador de contidos

As vivendas turísticas da Coruña triplican a oferta de alugueiro convencional

As vivendas turísticas da Coruña triplican a oferta de alugueiro convencional

Segundo un estudo do COAG, en zonas do centro hai 20 prazas turísticas por cada 100 residentes

G24.gal 14/04/2024 13:30 Última actualización 14/04/2024 16:23

O Colexio de Arquitectos denuncia que os pisos de uso turístico que hai na Coruña triplican a oferta de vivendas de alugueiro convencional. As zonas máis saturadas están no centro, onde estiman que hai unhas vinte prazas para turistas por cada cen residentes.

Para a asociación que agrupa os propietarios, están distribuídas de forma bastante homoxénea e non hai zonas especialmente tensionadas.

Porén, o estudo elaborado pola delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), con datos de xaneiro reflicte que o centro iniciou xa o camiño cara á temida saturación.

Denuncian os arquitectos que a oferta turística triplica a do alugueiro convencional, que ademais está máis caro que nunca. O prezo do metro cadrado xa supera os nove euros e medio.

O Goberno local anunciou que quere limitar as vivendas de uso turístico a baixos, primeiras plantas e edificios completos, pero a normativa aínda non está concretada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade