Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asaltan un estanco na Coruña cun coitelo

Asaltan un estanco na Coruña cun coitelo

O home, segundo recolleron as cámaras de seguridade, agardou fóra durante uns minutos ata que non houbese clientes

G24.gal 04/11/2021 15:01

Na Coruña, asaltaron cun coitelo de grandes dimensións o estanco do barrio de Novo Mesoiro. Aconteceu a plena luz do día, contra a unha menos cinco da tarde.

O home, segundo recolleron as cámaras de seguridade, agardou fóra durante uns minutos ata que non houbese clientes. En canto puido, accedeu ao interior, tapado coa súa máscara e cunha capucha e armado cun coitelo xamoneiro. 

Pasou detrás do mostrador e alí, apuntando a dona co coitelo no ventre, esixiulle que lle dese todos os cartos da caixa rexistradora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade