Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entrégase á policía o autor confeso da morte da súa parella en Castelló

Entrégase á policía o autor confeso da morte da súa parella en Castelló

A vítima, unha muller de 47 anos, tivera unha orde de protección activa ata maio de 2023 e xa fora vítima de malos tratos nunha relación anterior

A policía investiga o sucedido como un caso de violencia machista

Vivenda en que foi atopado o corpo da muller asasinada pola súa parella (EFE/Andreu Esteban)
G24.gal 03/09/2024 08:38 Última actualización 03/09/2024 12:29

A Policía Nacional de Castelló atopou o corpo sen vida dunha muller nunha vivenda do barrio da Guinea. A vítima, de 47 anos e nai de dous fillos, foi localizada a última hora da tarde do luns no seu domicilio, situado no barrio de La Guinea.

O autor confeso dos feitos entregouse na noite do luns nunha comisaría de Barcelona e atópase detido.

Fontes da Delegación do Goberno na Comunidade Valenciana sinalan que a principal liña de investigación é un posible caso de violencia de xénero.

O home declarou aos axentes que asasinara a súa parella e que o corpo se atopaba no domicilio de Castelló. Foi entón cando se deu aviso á Policía Nacional, cuxos axentes acudiron á vivenda, onde acharon o cadáver.

A muller tivera unha orde de protección activa ata maio de 2023, segundo confirmou a Delegada do Goberno, Pilar Bernabé. 

O Tribunal Superior de Xustiza da Comunitade Valenciana sinala que segundo a información xudicial de que dispón, non existía ningunha medida de afastamento e de prohibición de comunicación coa vítima actualmente activa, pois a que estivo en vigor no seu momento por mor dunha sentenza condenatoria quedou cumprida o 5 de febreiro de 2023.

O detido acumula tres sentencias por delitos de ameazas, malos tratos e quebrantamento respecto á vítima ditadas por un Xulgado de Violencia sobre a Muller e un Xulgado do Penal entre agosto de 2021 e marzo de 2022.

A muller asasinada en Castelló era "moi vulnerable" e xa fora vítima de violencia machista por parte doutro home que cumpre condena en prisión, ademais de por parte do autor confeso do crime, que se atopa detido en Barcelona.

Con esta nova vítima, o número de mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano elévase a 33.

O 016 atende todas as vítimas de violencia machista as 24 horas do día e en 53 idiomas diferentes, do mesmo xeito que o correo 016-online@igualdad.gob.es; tamén se presta atención mediante WhatsApp a través do número 600000016, e os menores poden dirixirse ao teléfono da Fundación ANAR 900 20 20 10.

Nunha situación de emerxencia pódese chamar ao 112 ou aos teléfonos da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062) e en caso de non poder chamar pódese recorrer á aplicación ALERTCOPS, desde a que se envía un sinal de alerta á Policía con xeolocalización. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade