Ascenden a 104 as vítimas mortais da DINA tras atopar nove corpos en Valencia
Ascenden a 104 as vítimas mortais da DINA tras atopar nove corpos en Valencia
Esta mañá atoparon oito falecidos nun garaxe do barrio da Torre
As vítimas mortais polo paso da DINA en España superan xa o centenar de persoas, tras acharse este xoves nove falecidos na cidade de Valencia.
Na cidade do Turia ascenden a trece, case todas elas no barrio da Torre, segundo informou este xoves a alcaldesa, María José Catalá, que indicou que se localizaron esta mesma mañá un total de oito falecidos nun garaxe deste barrio e outra muller achada sen vida no seu domicilio.
En total, atopáronse nove vítimas mortais durante esta mañá de xoves, que se suman aos catro corpos localizados con anterioridade. Entre as oito persoas que morreron no garaxe atópase un axente da Policía Local. Entre as vítimas está tamén unha persoa que se atopou con vida e estaba hospitalizada, pero que faleceu durante a madrugada.
No epicentro da traxedia, en Paiporta, os veciños tratan de sobrevivir entre a falta de suministros e a destrucción. Non teñen nin luz, nin auga e cada vez lles queda menos comida. Precisan alimentos non perecedeiros.
A ríada arrasouna. Levou por diante 45 vidas. Seis eran anciás dunha residencia. Os dous últimos mortos atopáronse no cuartel. Un Guardía Civil e a parella de outro morreron no garaxe cando intentaban sacar os seus coches.
Témese que haxa aínda moitos máis falecidos dentro das súas casas. Na morgue da cidade da Xustiza xa comezaron os traballos de indentificación.
A DINA é un dos desastres naturais máis graves dos últimos 75 anos en España, por diante mesmo da riada de Biescas (Huesca) en 1996 con 87 falecidos e a riada do Turia en 1957, en que perderon a vida entre 80 e 100 persoas.